mércores, 2 de abril de 2014

NARA E CLAUDIA "ENCONTAN" A TODOS OS PROFES

Hoxe pola tarde, en sesión exclusiva para profes, a sesión de contacontos correu a cargo de Nara e Claudia, dúas alumnas de 5º que nos deixaron abraiados.
Compartiron con nós dous álbumes ilustrados: Me encanta... (Kókinos) e Imagina (S.M.).



A verdade é que sorprendeunos a súa naturalidade, o seu saber facer. Parecen nacidas para contar!
Aquí están, en plena actuación.

Un dos xogos de busca do álbum Imagina


Durante a escenificación de Me encanta...
Ao rematar a sesión, recollimos as declaracións destas rapazas:
Os profes comportáronse coma verdadeiros nenos - Claudia.
Metéronse moi ben no papel de alumnos - Nara.
Así quedou o mural cos "Me encanta" dos profes. Unha magnífica proposta, chicas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario