venres, 7 de marzo de 2014

COMEZA A VIAXE POLA POESÍA

Hoxe, na Biblioteca, xuntámonos todos para comezar a nosa viaxe pola poesía...

A profe Irene compartiu con todos nós o conto titulado FREDERICK, xa que non hai mellor exemplo para enterder o que é a poesía que a través deste pequeno rato de campo.

Despois, todos os Ciclo recibiron a súa Maleta Poeta, chea de versos, cancións, rimas... e actividades moi divertidas para gozar deste xéreno.

Ao longo deste mes haberá varias actividades relacionadas coas maletas e coa poesía, que vos contaremos aquí. 
Non nos perdades a pista!

Ningún comentario:

Publicar un comentario