mércores, 4 de decembro de 2013

COMEZA O CLUB DE LECTURA

Hoxe comezou a segunda edición do Club de lectura da nosa biblioteca escolar.
Os alumnos do terceiro ciclo que se apuntaron, levaban xa varios días detrás de nós para saber que día íamos poñelo en marcha, así que puxémonos mans á obra para telo todo listo e poder...

RESUCITAR O ESPÍRITO DE MATAPITOS!

Ese é o título do primeiro libro escollido, Matapitos.com, e así demos comezo á primeira sesión.
Reunímonos na biblioteca, cada un coa invitación recibida e o ingrediente correspondente para a poción; mesturamos os ingredientes; dixemos as palabras máxicas e...

MATAPITOS DEUNOS UNSUSTO DE MORTE!

Despois merendamos todos xuntos e fíxose o reparto dos libros (gracias ao C.P.I. de Panxón polo empréstito).

VÉMONOS A PRÓXIMA SEMANA!

Invitación e exemplares do primeiro libro Matapitos.com, de Gloria Sánchez.

1 comentario:

  1. A verdade que o libro está interesante...
    Saíron moitas ideas e houbo moita participación na primeira das sesións!
    Gracias a todos :)

    ResponderEliminar