martes, 3 de decembro de 2013

BEA CAMPOS CONTANDO PARA O DESARROLLO

Hoxe tivemos a sorte de ter na nosa Biblioteca escolar a Bea Campos, unha contacontos coñecida alá por onde vai.

Estivo cos alumnos do segundo ciclo facendo unha sesión moi especial, xa que se trataba de acercalos a outras realidades, a outras culturas máis aló das nosas fronteiras.

Todos e todas estivemos moi atentos as historias que gardan estes cinco contos:

Bailar nas nubes 
Pequeno azul e Pequeno Amarelo
O nacemento do Dragón
Sacapenas
A banda de Vilacendoi


Quedamos abraiados coa súa maxia á hora de contar e agardamos volva pronto a visitarnos :-)

1 comentario: