venres, 29 de maio de 2026

EMPRÉSTITOS DE VERÁN

     AVISO DE LIBRINCIOS

A piques de comezar Xuño, Librincios comunica a nenas, nenos e familias que nuns días comezarán os EMPRÉSTITOS DE VERÁN. Nos próximos días, os/as vosas fillas levarán a casa un impreso que, se ides facer uso deste servicio de préstamo veraniego,  teredes que cubrir co nome e apelidos do neno/a, o curso actual, nome do adulto responsable e traelo de volta firmado por ambos. Sería de gran axuda que o impreso cuberto o traian ao cole antes do día 5 de xuño, venres.
A relación dos libros que os rapaces e rapazas elixirán para o empréstito os cubriremos con eles no cole. 

NOTA: Pregámosvos que aqueles nenos e nenas que vaian levar libros para o verán traían unha bolsa de tela ou similar. 

Moitas gracias pola vosa colaboración!!

Se precisas ou prefires imprimir o documento, preme aquí 

👇👇










Ningún comentario:

Publicar un comentario