mércores, 27 de maio de 2026

CLUB DE LECTURA FAMILIAR

 RATIÑOS EN FAMILIA

Neste mes de maio, Librincios convidou a profes e familias a compartir as nosas vivencias lendo un divertido libro cuxos personaxes se fixeron querer por todas nós (eramos todas chicas!) dende a primeira páxina. Unha historia para rir ás gargalladas, valorar á xente que nos rodea tal e como é, e reflexionar e facer autocrítica... somos os adultos tan maduros como cremos? Que pensarán os peques sobre iso?

O máis bonito desta experiencia? As nenas e mamás que aceptaron a invitación de Libri compartiron emocións, puntos de vista... avanzando da man... en compañía. Quen dixo que ler era unha experiencia para vivir en solitario?

Animarvos a descubrir "La muy catastrófica visita al zoo" de Joël Dicker. Recomendación segura!

Repetiremos experiencia o curso que ven. Agardamos por todos e todas vós!!

Gracias profe Lucía (titora de 6ºE.P.) por dirixir este pequeno Club de Lectura!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario