xoves, 16 de abril de 2020

UNHA DE AVISOS

O concurso  "Con saias e ao tolo": en vista de que non vos apetece participar neste concurso, mañá dase por rematado e escolleremos gañador/a a partir dos que temos.


Os "sacapenas": animádevos a facelos en enviádenos as fotos!


O día do LIBRO: non deixedes pasar esa data, veña! Librincios ten moitas ganas de ver os vosos libros!


PARA OS MAIORES: agora, nenos e nenas, tócavos ser espectadores. En ESPAZOLECTURA convídanos á conmemoración do día do LIBRO
Pídennos colaborar coa lectura en voz alta dun fragmento dun libro en galego. Queren xuntar entre 25 e 30 vídeos para podelos publicar o día 23 de abril.
O vídeo non pode exceder de 2 minutos, e a idade mínima para participar é de 14 anos. Debe indicarse o título e o nome da autora ou autor, ademáis do nome completo da lectora/or.
Os vídeos enviaránse a 
A data tope é o 21 de abril.

Animádevos! seguro que aos vosos netos/as, fillos/as ou irmás/áns lles vai facer moita ilusión vervos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario