venres, 17 de abril de 2020

HORA DE LER
Bo día! Xa estamos a venres!!
Aquí vos deixo a exemplar de "O PAPAGAIO" do mes de abril.
Todos os meses chega ao noso cole cuns artigos moi interesantes, e este mes tiveron a ben mandalo en formato PDF para que podamos lelo en todas as casas. Moitas grazas!

Vouvos propoñer unhas preguntiñas, a ver se atopades as respostas...
1. Que é o biogas?
2. Quen é Roxelio e por que non lle gusta o diclofenato?
3. Quen é o "pai" da Xenética?
4. Que animal atopa Órbita?

Xa sabedes que se a letra da revista é moi pequena podedes facela máis grande dándolle ao signo + da páxina.

Boa lectura!

Ningún comentario:

Publicar un comentario