venres, 7 de febreiro de 2020

CONTACONTOS DE FADAS

Hoxe na sesión de lectura a profe  Ana de 1º ofreceuse a contar o conto " ¿Donde viven las hadas ? aos nenos e nenas de 2º.
O obxectivo do libro foi atopar entre todas as páxinas o lugar onde viven as fadas. A peculiaridade que ten este conto é que non se pode saber onde viven se non estamos ás escuras. Así que aos nenos pareceulles unha actividade moi divertida e é unha  boa opción para ler antes de deitarse.

Xa estan buscando máis contos para ler as escuras ...



Ningún comentario:

Publicar un comentario