Este luns tivemos a sorte de contar cunha visita moi
especial. Xa que no cole estamos co proxecto "Do, Re, Mi...bailamos porque
sí", Dani o tío de Enzo de 3 anos quixo celebrar o seu aniversario facendo
un contacontos para infantil no que, ao ritmo do seu bombardino, recreou a
historia de "As clases de tuba".
Nel puidimos gozar de notas graves e
agudas e de diferentes ritmos segundo ía
pasando a historia...Despois puidemos gozar cun mini concerto con cancións moi
coñecidas sobre o circo que debíamos adiviñar e poñer letra.
Grazas Dani pola
túa visita e por facernos pasar un rato tan divertido e moitísimas felicidades
para Enzo!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario