martes, 3 de outubro de 2017

PARA TREMER DE MEDO

Cun nome tan atractivo bautizamos ao recuncho adicado ao terror. Bruxas, pantasmas, demos, monstros... todos estes personaxes enchen as historias que agochan os libros que vos propoñemos. Hainos para todos os gustos!




Achegádevos nos recreos para botarlles un vistazo e realizar o empréstito; os axudantes esterán encantados de atendervos! Hoxa xa tivemos un bo número de usuarios que agardaban impacientes para poder levar a mochila cargada de aventuras para casa!


Moita espectación ante as novidades...

Unha longa cola para facer os empréstitos!

Uns axudantes moi eficientes que tiñan ganas de comezar a súa labor.

1 comentario:

  1. Hai libros moi bonitos. Animadavos a vir nos recreos, e, se non preguntádenos aos encargados, que sabemos moito.

    XIANA 5 EDUCACIÓN PRIMARIA.

    ResponderEliminar