O pasado venres fixemos a festa do entroido no centro e a comparsa de Infantil foi moi animada. Estábamos todos moi guapos e pasámolo xenial.
Os alumnos elaboraron os seus disfraces simulando que eran auténticos escornabots.
Contaron e dibuxaron os botóns, elixiron as cores dos complementos (cada escornabot ten cores diferentes nas súas pezas), descubriron a icona deste proxecto e pintárono. O obxectivo era coñecer un pouco máis os compoñentes destos novos amigos dunha maneira divertida e significativa para eles.
Aquí vos deixamos o video de fotos da nosa actuación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario