martes, 14 de febreiro de 2017

ELMER, UN ELEFANTE BEN DISTINTO....

Hoxe tivemos no cole un contacontos moi especial; e tendo en conta que o noso proxecto anual é sobre emocións, viunos moi axeitado para poder traballar cos máis pequenos a diversidade e a autoestima a través de Elmer, ese elefante divertido que, como é tan diferente aos demáis, séntese extraño.  O resto da manda faralle entender que ser diferente é o que realmente faino único e por iso todos o queren. 
Unha historia entrañable coa que poder pararnos a pensar da importancia de ser únicos e de querernos tal e como somos.
Graciñas Mali e Marina, sempre é un pracer contar con vós.
 Encantounos o contacontos!!













Ningún comentario:

Publicar un comentario