martes, 21 de marzo de 2017

Montaxe de novos equipos

O pasado mes de Febreiro chegaron novos Escornabots ao centro, e nesta ocasións os alumnos de Infantil puideron participar no proceso de montaxe coa axuda dos seus padriños lectores. 

A experiencia foi moi enriquecedora tanto para os pequenos, que tiveron que prestan moita atención, e para os de 4º , posto que tiveron que buscar estratexias para que os seus afillados atopasen a peza correcta, que souberan qué tiñan que realizar en cada momento...

O final cada un dos robots funcionou e a felicidade que se sinte ao realizar un traballo ben feito foi a mellor recompensa .

Bo traballo chicos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario