luns, 20 de marzo de 2017

MOITO QUE CONMEMORAR NO MES DE MARZO!

Este mes son moitas as datas sinaladas no calendario do libro e da lectura, así que non paramos de traballar!

O día 8 conmemoramos o Día Internacional da Muller facendo, ademáis das actividades que cada titor preparou para os seus alumnos, unha proposta conxunta en estreita relación co tema anual: Mulleres que emocionan.


Cada un de nós tiña que escoller unha muller que, por diversos motivos, tocara especialmente o noso corazón. Non tiña que ser coñecida, ou si; podía tratarse dalguén da familia, ou non... Pero había que contar as razóns da nosa elección e, a verdade, os textos emocionan...

Nais, tías, avoas, madriñas, profes, irmás, amigas... pero tamén Malala, Teresa de Calculta, Frida Khalo...

Aquí vos deixamos unha mostra para que tamén vos emocionedes.



Por outra banda, dendo o 13 ata o 17 traballamos a Semana da prensa, tanto nas aulas como na biblioteca.

No recuncho dos Escornabots, os usuarios xogaron a descubrir os elementos principais dunha noticia e as seis preguntas que dan forma ao seu corpo (podedes atopar os taboleiros á dereita). Pasáronno en grande!

Alumnas de 4º axudando durante os recreos.

Ademais, para darlle un toque emocionante á publicidade en prensa escrita, elaboramos Axudaanuncios por palabras. Que non sabedes o que son? Son anuncios nos que ofertamos o noso tempo para axudar aos demais a facer algo que a nós se nos da moi ben.


Cada un ten que clasificar o anuncio na CDU para traballar as iconas da mesma.

Con esta actividade traballamos moito: a tipoloxía textual do anuncio por palabras, as cualidades personais positivas, a solidariedade, a formación de usuarios (pois houbo que clasificar os anuncios segundo a CDU da biblio), o compañerismo...


Mirade canta oferta e que variada! Apuntádesvos?


Ningún comentario:

Publicar un comentario