venres, 16 de setembro de 2016

POÑEMOS EN MARCHA OS TRABALLO CON ESCORNABOTS

Estamos comezando o curso e temos as pilas ben cargadas do verán, así que xa estamos traballando duro... e divertido!

Os alumnos de 4º comezaron a familiarizarse cos Escornabots coa realización de tres sinxelas tarefas para facer en grupo.

Na primeira tarefa tiñan que reflexionar sobre o concepto de robot e as súas posibilidades e, a partir das conclusións grupais, inventar un novo robot e explicar as súas funcións.

Na segunda tarefa tiñan que inventariar as pezas que contén o robot para a súa montaxe, debuxándoas e indicando a cantidade de cada unha delas.

Na terceira tafera tiñan que identificar as pezas de montaxe do corpo do robot e numeralas segundo as instruccións de montaxe.

Aquí vos deixamos un vídeo que resume o traballo feito na aula. Estamos encantados!


3 comentarios:

  1. ¡Qué guapos estais! que vos quede ben o escornabot!

    ResponderEliminar
  2. ¡Qué guapos estais! Que vos quede ben o escornabot!

    ResponderEliminar
  3. Como mola montar un escornabot!

    ResponderEliminar