martes, 12 de abril de 2016

EMOCIONANDO CON COLORES

O Ciclo de Contacontos deste ano non deixa de darnos sorpresas agradables. Esta vez foron os alumnos e a profe de 3º quenes prepararon unha sesión para 1º e 2º.


O libro elixido foi El monstruo de colores, de Anna Llenas. 


Seguro que todos coñeces o problema que ten este pequeno monstrou e o importante que é poñer orden nas nosas emocións. 
Estes pequenos explicaron moi ben o que sentimos cando estamos alegres, furiosos, nerviosos e mesmo aburridos. O protagonista parecía satisfeito!


Pasámolo moi ben e aplaudimos moito porque o fixeron moi ben. Mirade as fotos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario