luns, 18 de abril de 2016

APPs E LIBROS

Como ben sabedes, achégase o Día do Libro (23 de abril) e, para ir quentando motores, estamos a facer unhas actividades moi interesantes e divertidas nas aulas.

Ao longo desta semana contamos con seis iPads para crear e contar contos e bandas deseñadas.

Este luns viñeron ao cole os responsables de Creappcuentos para ensinarnos a súa nova aplicación CREATALES. As aulas de 5 anos, 3º e 4º pasaron unha sesión moi entretida inventando contos, cambiando o final aos máis clásicos, introducindo personaxes sorprendentes na historia doutros...

Aquí vos deixamos algunhas fotos desta sesión de formación de usuarios e, moi pronto, deixaremos que vexades as nosas creacións.





Ningún comentario:

Publicar un comentario