venres, 18 de decembro de 2015

PRIMEIRAS EXPOSICIÓNS SOBRE O PROXECTO ANUAL

Como ben sabedes, este curso xira en torno a un tema moi pero que moi interesante: Inventos e experimentos
Cada aula está a traballar nel, profundizando en un ou varios aspectos e levando a cabo experimentos de todo tipo na aula. Neste primeiro trimestre expuxeron os seus traballos os alumnos de 4º e 5º.

A aula de fixo un percorrido pola historia En busca da luz, dende os comezos con lámpadas de tuétano ata os nosos días con luces eléctricas de todo tipo... Mesmo as que empregan na Guerra das Galaxias para facer as espadas láser!
O traballo foi moi interesante e as velas que eles mesmos fixeron en clase deixaron ao público abraiado. Aquí vos deixamos o vídeo da exposición e algunhas fotos.






Os nenos e nenas de centraron a súa labor de invetigación na figura do gran Leonardo Da Vinci.
A partir dun vello baúl e dun libro espectacular, guiáronnos a través da súa obra dándonos a coñecer os seus máis famosos inventos e tamén algún outro que descoñecíamos.
Prestade atención ao vídeo porque seguro que aprendedes moito!





Queremos dar a gracias e felicitar a todos eles e ás súas profes por un traballo tan ben feito :)

Ningún comentario:

Publicar un comentario