venres, 29 de xaneiro de 2016

O AVÓ DE ZULAIMAR

Os nenos e nenas de 3º e 4º gozaron hoxe dunha sesión de contacontos moi especial.

Zulaimar é unha nena que non ten avó e, como os seus amigos non queren compartir con ela aos seus avós, pois... decide inventar un!

Mar, a nai de Xiana, foi a encargada de traer á nosa biblioteca unha historia conmovedora, divertida e entrañable que nos fixo reflexionar sobre a importancia dos nosos avós. Que faríamos sen eles?

Aquí vos deixamos unhas cuantas fotos desta sesión... Mirade que avó tan ben feitiño trouxo Mar!
Ademais, deixounos o conto como agasallo para a Biblioteca!
Mil gracias pola túa colaboración; volve cando quieras!

4 comentarios:

  1. Gustoume moito o conto Andre Alex y Jony 4.

    ResponderEliminar
  2. o libro é moi bonito, na miña clase hai cola para coller o libro na biblioteca XIANA

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas polo voso traballo.
    Cando queirades volvo.
    MAR A NAI DE XIANA

    ResponderEliminar
  4. me encanto !! Lara 4º primaria

    ResponderEliminar