mércores, 16 de decembro de 2015

CONTACONTOS DA ANPA

Mar e Vanesa, nais da ANPA, coa colaboración de Martín de 2º agasalláronnos con dúas quendas de contos para todos os alumnos do cole.

Os contos escollidos foron "Antón e o Apalpador", " Xulia e as pupieiriñas" e "O Apalpador e a castaña máxica".

O conto "Xulia e as pupieiriñas" escribiuno Carlos e ilustrouno Luisa, pais de Martín.
Temos un cole cheiño de talentos!

Grazas a ANPA por compartir con todos nós estas actividades de animación lectora !


Ningún comentario:

Publicar un comentario