venres, 23 de xaneiro de 2015

NAVEGANDO CON RUMBO

O xoves 22 de xaneiro veu ao cole Daniel Medina MéndezProfesor Técnico de Formación Profesional en Consellería de Educación, para falar con nós sobre o Ceberespazo e os seus riscos.

Navega con rumbo é unha iniciativa encamiñada a que os escolares, naveguen con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. Na ligazón podedes consultar información e descargar guías da navegación para pais, alumnos e profesores.

http://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/index.html

Aprendemos a importancia de non dar datos persoais por Internet, de non subir fotos á rede sen o consentimento das persoas que aparecen nelas, de avisar a un adulto no caso de que vexamos algo extraño...

Aquí vos deixamos unhas imaxes desta sesión tan amena e interesante, pois os nosos alumnos teñen que aprender a convivir con ese gran espazo chamado Internet sen correr riscos.




Ningún comentario:

Publicar un comentario