xoves, 29 de xaneiro de 2015

CONTACONTOS POLA PAZ

Hoxe, na sesión de lectura, María de 6º, coa colaboración da profe Irene, contounos dous contos preciosos.
A historia de Wangari, Premio Nobel da Paz no 2004 pola súa contribución ao desenvolvemento sostible e a súa loita pola convivencia pacífica; e a historia dunha árbore que vivía feliz no bosque ... ata que un día todo cambiou.
                                     
PARABÉNS a María por emocionarnos tanto e a Irene por escoller estes contos para que reflexionemos como facer compatible a nosa forma de vida co respeto ao medio que nos rodea.


1 comentario: