xoves, 13 de novembro de 2014

CONMOVEDOR POMELO!

Hoxe Alex, Antía, Olaia e Tania, alumnos/as de 5º, contáronlle aos nenos/as de 5 anos e de 1º "Pomelo al otro lado del huerto".

Emocionounos a historia do protagonista, un pouco triste e asustado por deixar atrás o coñecido e ter que abrirse a descubrir cousas novas.

Emocionounos máis o xeito como o contaron, o ben que o prepararon e os agasallos que lles deron: Pomelos pequerrechos para os pequenos e Pomelos grandotes para as titoras.


  Parabéns para ALEX, TANIA, OLAIA e ANTÍA por emocionarnos  tanto!


3 comentarios:

  1. FOI MOI BONITO O DETALLE QUE TIBERON COS NENOS/AS DE 5 ANOS E 1º.

    IKER, ÁNGELA E OLAIA

    ResponderEliminar
  2. Pareceume moi bonito o detalle que tiveron Alex,Antia,Tania e Olaia.
    Roi e Antia

    ResponderEliminar
  3. Hola. O principio estaba un pouco nerviosa, pero cando empecei a ler xa non o estuben. Chao

    OLAIA

    ResponderEliminar