xoves, 24 de abril de 2014

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO

Como ben sabedes, o 23 de abril é o Día Internacional do Libro
No colexio organizamos unhas actividades moi entretidas para grandes e pequenos.

Educación Infantil participou na proposta de Espazo Lectura para este ano. Foron a Gondomar para compartir con outros escolares do Concello, tamén socios-protectores desta asociación:

- Un concerto no auditorio Lois Tobío, a cargo de Uxia, que presentou Rosalía pequeniña.
- Un dobre contacontos na Biblioteca Municipal a cargo do equipo de voluntarios de Espazo Lectura, Frederick e Honorato, dous poetas e un rato.

Entre as actuacións, merendaron no parque da Coelleira. Foi un día moi especial para eles!

Aquí vos deixamos algunhas das fotos que fixemos e a ligazón ao álbum de Espazo Lectura.



Por outra banda, para os que quedamos no cole (Educación Primaria) a Compañía de Teatro Top Estrellas representou La verdadera historia de Caperucita Roja
O elenco de actores e actrices estivo composto polos alumnos da actividade extraescolar de teatro. Moitas gracias a todos pola vosa entrega.

Deixáronnos coa boca aberta! Que canteira temos no cole!


10 comentarios:

  1. Gustoume MOITO a actuación, especialmente Caperucita..JE JE JE.
    UN BICO MOI GRANDE!

    NOA 3º.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  4. ENCANTOUME A ACTUACIÓN FIXESTELO MOI BEN.
    MARTA 5º.

    ResponderEliminar
  5. sobre todo gustoume o lobo que ben o facia

    ResponderEliminar
  6. a presentadora tamen o facía moi ben

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

      Eliminar
  7. encantoume a narradora que guapa

    ResponderEliminar
  8. As esceas que máis me gustaron foron as da casa da avoa Ji,ji,ji

    ResponderEliminar
  9. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar