venres, 21 de febreiro de 2014

HAI TANTO AMOR!

Queremos dar as gracias ás familias. Cada día durante dúas semanas emocionámonos coas vosas cartas. Hai tanto amor nelas! 

Queremos darvos as gracias por encher tantos corazóns de verbas tan bonitas, de sentimentos tan sinceiros, de un amor tan incondicional.

Todos os días os máis pequenos len as liñas a eles dirixidas. Cantos sorrisos!
Gracias por encher de felicidade un rechuncho do cole e o corazón dos rapaces.

É un gusto ver cada día estes corazóns cheíños de amor!

2 comentarios:

  1. Grazas por facernos parar un pouquiño e poñernos a escribir, foi un pracer compartir con vos este sentimento. Bicos de "garimola"

    ResponderEliminar