martes, 25 de febreiro de 2014

COLABORACIÓN DO COLE EN CONTOMAR

O luns 24 de febreiro fomos facer unha sesión de contacontos a CONTOMAR, pois convídaronnos por ser socio protector de Espazo Lectura.

Catro profes do cole prepararon un delicioso menú para merendar todos xuntiños.

De primeiro tivemos "A sopa queima", contado por Carmen.


Para acompañar, un pouquiño de pan, que fixemos con Ana e "A galiña roxa".


 De segundo, moito enchemos a barriga con Noemí e o "Gato lambón".


E como sobremese, Irene fixo un biscoito con "Cocorico" e a súa mamá.


Para rematar cantamos "Fun ao mercado".

Pasámolo en grande! Gracias a todos por vir e por compartir con nós unhas lecturas tan saborosas :)

Ningún comentario:

Publicar un comentario