xoves, 17 de outubro de 2013

XA COMENZOU A FORMACIÓN DE USUARIOS !

   Este mes comezamos coas actividades de formación de usuarios. Os primeiros en baixar coa coordinadora da biblioteca foron os de 3º ciclo, pois son os posibles axudantes deste curso.
   Fixeron un xogo de busca de pistas, no que tiñan que poñer en práctica as súas habilidades e coñecementos sobre a ubicación dos fondos da nosa biblioteca escolar.
  Os grupos, ademáis de facer o traballo respectando as normas xerais da biblioteca, tiñan que localizar os fondos, encher unha táboa cos datos destes (autor, título, editorial, signatura) e responder a unha pregunta buscando información neles.
   Non era doado, pero fixérono de marabilla!
                           
       

Ningún comentario:

Publicar un comentario