mércores, 23 de outubro de 2013

DÍA DAS BIBLIOTECAS

   Estamos no mes das " Bibliotecas Escolares " porque neste mes a maioría delas abren as súas portas de novo a toda a Comunidade Educativa.
 Mañá, 24 de outubro, conmemórase o "Día da Biblioteca"
 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaría, publica cada ano uns carteis divulgativos que pretenden facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación de personas lectoras.
    O lema elixido para este curso e "LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR " para tratar de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos que tratan temas relacionados coa ciencia.
 
    Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado xa que a BIBLIOTECA ESCOLAR, esta concebida como centro de recursos, de información e aprendizaxe, xenerador de contextos educativos para a adquisición de competencias clave para o alumnado que medra na sociedade da información. 
    Sen facer de menos a nosa biblioteca, engado un video para perderse polas  "Bibliotecas do Mundo"
                           
                         

Ningún comentario:

Publicar un comentario