mércores, 11 de setembro de 2013

XA ESTAMOS DE VOLTA !

    Comenza un novo curso e con él, un novo proxecto. "GASTRONOMÍA"
En Librincios contamos cos ingredientes máxicos para que todo funcione:
  1. Mestres con gotiñas de ilusión.
  2. Un puñado de diferentes métodos de ensino.
  3. Brotes de familias comprometidas
  4. Unha morea de lectores moi animados.
    Todos os ingredientes mesturados a fogo lento durante o curso escolar seguro que daran uns proxectos para lamber os dedos.
  Para ir entrando en materia engadimos na banda lateral, webs con información do proxecto e na imaxe do Chef Solus atoparedes xogos relacionados coa nutrición.


Ningún comentario:

Publicar un comentario