mércores, 19 de xuño de 2013

CLAUSURA ACTIVIDADES

  Chegamos ao remate do curso e tamen das actividades da nosa biblioteca.
Hoxe asistimos a exposición dos últimos traballos do noso proxecto anual:
- A dobraxe de " The three little pigs "os alumnos de 5 anos.
- Unha curtametraxe versionando " Os sete cabritos e o lobo " 4 anos.
- Un telexornal sobre o "cine mudo" e curtametraxe  "El chico" 5ºB
- Tres curtametraxes orixinais realizados polos alumn@s de

   Na páxina web do centro podedes ver fotos (Galeria) de todas as exposicións e as gravacións dos traballos quedarán no fondo de arquivo na biblioteca para que poidades visionalas e coller de préstamo cando queirades.

Parabéns a todos os grupos polo seu traballo ... IMPRESIONANTE !

  O acto finalizou coa entrega de diplomas e mencións aos gañadores dos concursos convocados este curso.
                                 
                           

   Non queremos pechar as entradas deste curso sen por parte do Equipo da Biblioteca agradecer moitísimo tanto aos compañeir@s como a todos os alum@s do centro a súa colaboración e implicación en todas as propostas. 
    E ... mención especial a nosa coordinadora porque ela é a que organiza os menús sen acougo e os demais, cociñámolos cada un o seu xeito, pista para adiviñar o novo proxecto. Cal será ?
                                                          

Ningún comentario:

Publicar un comentario