venres, 11 de xaneiro de 2013

Un contacontos moi participativo

  O mércores 9 de xaneiro, reanudando o ciclo de contacontos deste curso, a profe Irene propuxo aos alumnos de segundo e terceiro ciclo de Primaria unha animación á lectura moi entretida.

  "Adivina un cuento" contou coa participación activa de todos, pois para poder contar o conto, primeiro había que resolver varias adiviñas.

Todos atentos ás adiviñas.
Deixamos aquí unha para que vos fagades un ha idea...

"¿Qué es lo que nunca se rompe al estrellarse?"

  Esta e 325 adiviñas máis podedes encontralas no "Adivinancero" que está na biblioteca (escrito por Valentín Rincón e Cuca Serratos).

Adiviñas entretidas e risas aseguradas para toda a familia.

  Unha vez resoltas todas as adiviñas, foron os rapaces os que tiveron que completar o conto. Non lles costou moito facelo... e atrevéronse entre todos a inventar outro!

Pasámolo en grande !

Todos querían participar á hora de adiviñar o conto.

ESPERÁMOSVOS O PRÓXIMO
MÉRCORES 30 DE XANEIRO !

4 comentarios:

  1. q vien me lo pase besos alumna de cuarto

    ResponderEliminar
  2. aber si me anoto para el club lector q seguro q me lo paso aun mejor

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pues anímate y anima a tus compañeros... porque seguro que os sorprendéis )

      Eliminar