xoves, 25 de xuño de 2026

BIBLIOTECA CREATIVA: "ATÍPICO CIRCO"

🎪 "O CIRCO": APRENDIZAXE E DIVERSIÓN!!🎪

No mes de xuño, da man de “Atípico Circo”, pasamos unha xornada moi entretida chea de actividades inspiradas no mundo do circo, onde a diversión e a aprendizaxe foron á par. A través de xogos, retos e dinámicas grupais, os nenos e nenas de E.I. e E.P. traballamos habilidades como a coordinación, a creatividade e a expresión corporal. Ademais, o  obradoiro converteuse nunha oportunidade para fomentar valores tan importantes como o traballo en equipo, a colaboración e a convivencia, compartindo experiencias nun ambiente de respecto e confianza, amosando que...

 ...xuntos podemos lograr moito máis!!!















mércores, 24 de xuño de 2026

EXPOSICIÓNS 3ª AV.: "MITOLOXÍA E FOLCLORE GALEGO"

 APRENDENDO CON 1º e 2º E.P.

Durante a última semana de cole, as nosas compañeiras e compañeiros de 1º e 2º P. compartiron con todos nós a cantidade enorme de cousas interesantes que investigaron e aprenderon sobre as lendas, a mitoloxía e as tradicións de Vincios.

Os nenos/as de 1º P. fixeron unha pequena obra de monicreques sobre a Lenda de Salima, personaxe da mitoloxía de Vincios, inventada na clase con moitísimo agarimo e imaxinación. 

Preme aquí abaixo 👇e poderás escoitar en exclusiva o conto!

CONTO DE MONICREQUES: A LENDA DE SALIMA 1º PRIMARIA



En 2º P., investigaron sobre as tradicións da nosa contorna máis inmediata: Vincios e a calendarización destas tradicións cheas de mitoloxía, maxia e lendas. Finalmente, deseñaron e crearon, coa súa mestra, unha xincana para achegar todas esas pescudas que fixeron, ao longo do curso, aos demais compis do cole.







Se premes aquí abaixo,👇 accederás ao Blog de 1º e 2º E.P. e descubrirás todo o que traballaron!

BLOGUE DE PRIMEIRO E SEGUNDO

RECOMENDACIÓNS DE LIBROS E XOGOS PARA VERÁN

🌞🌞 LIBRINCIOS RECOMENDA... 🌞🌞

As nenas e nenos levaron o Xornaliño para casa, con moitísima ilusión, para que comprobedes o moito que traballaron este curso e o ben gañadas que teñen as vacacións de verán!  Librincios, como todos os anos, tamén incluiu unhas interesantísimas recomendacións para ler e xogar,  pasando un ratiño divertido e entretido cheo de aventuras.

E para que as teñades a man alí onde vos atopedes, deixámosvolas tamén por aquí...







luns, 22 de xuño de 2026

Cuento musicado «A la guerra yo no voy»

 O alumnado de 6º Ei realizou unha gran representación musical do conto «A la guerra yo no voy»



Obra de teatro "A moi catastrófica visita ao zoo"

 Chegou o momento de despedir o alumnado de 6.º de Primaria, que pon fin á súa etapa no cole. Para facelo, sorprenderon a todos cunha actuación estelar: a adaptación teatral de A moi catastrófica visita ao zoo, de Joël Dicker, que fixo as delicias do público asistente.