APRENDENDO CON 1º e 2º E.P.
Durante a última semana de cole, as nosas compañeiras e compañeiros de 1º e 2º P. compartiron con todos nós a cantidade enorme de cousas interesantes que investigaron e aprenderon sobre as lendas, a mitoloxía e as tradicións de Vincios.
Os nenos/as de 1º P. fixeron unha pequena obra de monicreques sobre a Lenda de Salima, personaxe da mitoloxía de Vincios, inventada na clase con moitísimo agarimo e imaxinación.
Preme aquí abaixo 👇e poderás escoitar en exclusiva o conto!
CONTO DE MONICREQUES: A LENDA DE SALIMA 1º PRIMARIA
En 2º P., investigaron sobre as tradicións da nosa contorna máis inmediata: Vincios e a calendarización destas tradicións cheas de mitoloxía, maxia e lendas. Finalmente, deseñaron e crearon, coa súa mestra, unha xincana para achegar todas esas pescudas que fixeron, ao longo do curso, aos demais compis do cole.
Se premes aquí abaixo,👇 accederás ao Blog de 1º e 2º E.P. e descubrirás todo o que traballaron!










Ningún comentario:
Publicar un comentario