COMPARTINDO LECTURAS
Queridas familias, con motivo da celebración do Día do Libro
queremos propoñervos unha actividade moi especial para compartir en comunidade.
Un día da semana do 20 ao 24 de abril, organizaremos no cole
un Club de Lectura dirixido ao alumnado
de 5º e 6º de Primaria, no que tamén estades
convidadas as familias: nais, pais, avós, avoas, tios... Todas e
todos sodes benvidos!
O libro escollido é "LA MUY CATASTRÓFICA
VISITA AL ZOO" de JOEL DICKER.
Para poder participar é necesario vir co libro previamente lido.
A actividade estará guiada por unha profe do centro. O noso
obxectivo é crear un espazo de encontro arredor da lectura, no que compartir
opinións, emocións e pasar unha tarde agradable e enriquecedora.
Animámosvos a participar nesta experiencia tan bonita de lectura
compartida.
En breve, enviarase máis información sobre o día e a hora da xuntanza.

Ningún comentario:
Publicar un comentario