domingo, 4 de xaneiro de 2026

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES CURSO 2025-26

 Día das Bibliotecas Escolares: compartindo momentos

O pasado mes de outubro xuntámonos padriños e madriñas cos nosos afillados e afilladas para festexar o Día das Bibliotecas Escolares. No cole de Vincios, esforzámonos cada día para coidar da nosa. Ademais, sabemos que somos uns privilexiados por tela tan pretiño e por poder gozar de todas as aventuras que están agardando a ser descubertas nas páxinas dos libros que Librincios prepara cada curso para todos e todas nos. 

Aproveitando que este curso estamos a aprender un montón de cousiñas sobre a mitoloxía galega, as profes contáronnos unha lenda da Fraga, "A Pedra da Moura" e despois creamos uns seres mitolóxicos moi particulares para decorar o noso Recunchiño do Tren de Librincios.

Deixamos aquí a lenda e unha pequena mostra do ben que o pasamos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario