venres, 19 de decembro de 2025

EXPOSICIÓNS 1ª AV. "MITOLOXÍA E FOLCLORE GALEGO"

LENDAS DA NOSA TERRA

Os nenos e nenas do 2º ciclo de E.P. mostráronnos onte o moito que traballaron ao longo deste trimestre sobre as lendas galegas, o seu folclore e os seus mitos. Como auténticos/as profesionais, con moita simpatía e moitísima información da boa, ensináronnos a todos e todas unha chea de cousiñas a mar de interesantes sobre a Lenda da Ponte de Ramallosa, a Lenda da Virxe do Mar de Santa María de Oia e un bo ramillete de curiosidades e datos sobre os Peregrinos que cada ano, dende hai séculos, fan o Camiño de Santiago.

 Queres aprender con eles e elas ti tamén? Preme nos enlaces e poderás comprobar o moito que se esforzaron!

LENDA DA VIRXE DO MAR DE SANTA MARÍA DE OIA

A LENDA DA PONTE DE RAMALLOSA

PEREGRINOS

NORABOA!! O COLE DE VINCIOS ESTÁ CHEÍÑO DE ARTISTAS!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario