venres, 7 de novembro de 2025

 COMPARTINDO XOGOS CON LIBRINCIOS

Hoxe, os nenos e nenas de 5º E.P. pasaron un recreo moi divertido  na Biblio. Traballando en equipo e axudándose mutuamente para lograr un obxectivo común, construíron esta  torre feita con pezas kapla. É máis alta ca eles/as!!. Non pensedes que foi tan sinxelo, cando estaban a piques de logralo a torre víñase abaixo, pero pasiño a pasiño conseguiron o reto que eles e elas mesmas marcáranse!

E empregaron case todiñas as pezas da caixa! Aquí deixamos testemuña deste logro...



Ningún comentario:

Publicar un comentario