xoves, 7 de decembro de 2023

CONTACONTOS PARA 1º CICLO

 CONTACONTOS CON MONTSE E UXÚE

As nenas e nenos de 1º Ciclo, gozamos moitísimo dunha nova sesión de contacontos da man de Uxúe (1º P.) e a súa nai, Montse. Trouxéronnos un conto de Rocío Bonilla, "Grazas, historia dun rueiro"... un fermosísimo relato sobre a empatía e as emocións, que reivindica a vida en común e a solidariedade veciñal.

Moitas gracias, Montse! O pasamos xenial!




Ningún comentario:

Publicar un comentario