luns, 20 de novembro de 2023

APERTURA E INAUGURACIÓN DA NOSA BIBLIOTECA

REENCONTRÁMONOS CON LIBRINCIOS!!

O día 2 de outubro, Librincios abriu xa de par en par as portas da nosa Biblio para poder  pasar con el uns ratiños a mar de divertidos cada día: vainos propoñer un montón de actividades, emprestarnos libros e contos cheos de aventuras e emocións, vai agasallarnos con novas historias e novos contacontos... Tíñamos moitísimas ganas de reencontrarnos con el de novo!!!

Ademais,  as súas axudantes deixáronnos nas aulas algúns agasallos da súa parte, máis unha carta que lemos con moita atención. Que sorpresa levamos cando os vimos de boa mañanciña nada máis chegar ao cole!!!

Queres saber como foi o reencontro co noso paxariño bibliotecario e que nos pedía nesa carta? Mira este vídeo e o averiguarás!




Ningún comentario:

Publicar un comentario