domingo, 11 de setembro de 2022

UN NOVO CURSO COMEZA!!

ÉRASE UNHA VEZ... UN NOVO COMEZO, UNHA NOVA AVENTURA!!

 Xa estamos xuntiñas e xuntiños un curso máis, desexando vivir novas aventuras, experiencias e descubrimentos apaixonantes da man de compis,  profes, e... por suposto... do noso amigo Librincios!!, que, xunto aos seus axudantes, está a preparar con moito agarimo a nosa Biblio para que axiña poidamos gozar dela e de todas as historias que están a agardar por nós nos seus andeis ,   comezando así  unha emocionante viaxe  que nos levará a mil e un lugares sorprendentes e marabillosos.

Librincios está moi impaciente xa por comezar,  e ten a súa maleta preparada... cheíña de moitas sorpresas e,  sobre todo, de toneladas de ilusións e soños por cumprir.

E vós? Tendes a vosa maleta preparada xa? Bulide!, que a piques estamos de partir!


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario