sábado, 26 de xuño de 2021

CONSEGUÍMOLO... FELIZ VERÁN!!

https://i.pinimg.com/474x/63/da/61/63da6125dd29ee0f7654d9a0cef38c2a.jpg 

        Despois dun curso moi, pero moi moi intenso, complicado e un pouquiño tolo... chegaron as merecidas vacacións de verán!!. Este ano son máis merecidas que nunca: polo voso esforzo diario,  pola vosa responsabilidade e solidarieade, polas vosas gañas de superalo todos e todas xuntas cun sorriso sempre na cara e nin unha soa queixa...

    Entre todas e todos fixéchedes posible que o traballo no cole fose cada día  máis levadeiro, sinxelo e alegre. Por iso,  Librincios non quere deixar pasar nin un chisquiño máis para desexarvos un verán extraordinario cheo de aventuras, descanso, gargalladas e moitas, moitísimas lecturas marabillosas e máxicas.

     En Setembro aquí estaremos, Librincios o primeiro, esperando por todos e todas vós, dispostos a superar novos retos xuntos!!.

     Sodes moi fortes e valentes... uns campións e campioas. Así que agora a gozar dun verán requetegañado!!!

    Ata setembro!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario