venres, 19 de xuño de 2020

Chegou, mozas e mozos!
O derradeiro día deste estrano curso. Tivemos de todo un pouco. Risas, bágoas, cancións, misterios, exames...e ata un momento inédito na nosa historia recente, unha pandemia que paralizou todo o noso mundo e o puxo todo patas arriba!

Neste rinconciño, Librincios tratou de que non nos faltase un libro para ler cada día, uns máis divertidos que outros, uns máis curtiños e outros longos... a intención foi que poidésedes desconectar un ratiño para viaxar coa imaxinación...

Moitas grazas a todas as profes que colaboraron contando un conto, enviando os vosos traballos, os vosas historas...

Moitas grazas as mamás e os papás... e a algunha que otra avoiña e avoiño que tanto vos axudaron este curso e que tamén participaron co seu esforzo.

As profes do Equipo de Biblioteca queremos desexarvos un feliz verán a todas e todos, pasádeo moi ben porque traballáchedes un montón, porque o merecedes e porque todos precisamos un descanso...collede folgos para volver en setembro coas pilas cargadas e moitas ganas de atoparnos novamente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario