martes, 14 de abril de 2020

LECTURAS QUE SACAN AS PENAS

Ola a todos dende Marrocos!

Agardo que estedes todos ben e... na casa!

Vín que as profes deixan cada día unha lectura para a Hora de ler e quixen sumarme a esta iniciativa tan boa e contarvos un conto, que xa sabedes vós que a mín, me encanta :)

Seguro que ademais, nestes tempos tan raros que estamos a vivir, sacádeslle proveito (por iso de non dar puntada sen fío!).

Que aínda non sabedes que son? Pois a ver se co vídeo...



Logo da lectura, se queredes, podedes facer os vosos propios SACAPENAS... É moi sinxelo!

As imaxes son da profe Nuria (que tamén estivo no cole un tempo) e que quixo participar da actividade.

Material que se precisa.

Cortamos un anaquiño do rolo de cartón.

Pegamos o que serán as extremidades.

Preparamos o pelo e comezamos a vestilo.

Podemos poñer as cores que queiramos...

Xa os temos listos para contarlles as nosas penas :)

Un bico enorme para todos. Quero que saibades que boto moito de menos o cole, e a vós; pero estou segura de que volveremos vernos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario