mércores, 1 de abril de 2020

HORA DE LER
Bo día a todas e todos!

Xa chegou o mes de abril! Sabedes o que dí o refraneiro para o día de hoxe? O 1 de abril van os burros a onde non deben ir. 

A tradición popular da nosa terra di que hoxe é o día dos enganos, ou das mentiras.

Para non caer nos enganos o mellor e aprender moito, sobre todo dos científicos e da xente sabia. Así que para hoxe aquí vos deixo un libro sobre astrónomos, persoas que estudan moito e descubren cousas moi interesantes sobre o universo. Espero que vos guste!



Ningún comentario:

Publicar un comentario