xoves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO!
Por medio de Bibliotecas Escolares, Manuel Gago mándanos esta fermosa reflexión para comnemorar o día do libro.


O motivo de que se celebre hoxe deixáronolo moi clariño Teo (2º EP.), Nuno (5º EI.) e a súa nai, Carolina,: "Porque en 1600 se murió Cervantes, Shakespeare y Garcílaso de la Vega. La Onu tomó ese día para conmemorar el día de la lengua española e inglesa."

Tamén respostaron correctamente Zaira (4º EP) e o seu pai, Francisco, que descubriron ademáis dos tres anteriores,que "tamén morreron nun 23 de abril William Wordsworth e Josep Plat. Pero non só de falecementos vai o día, tamén nun 23 de abril naceron Manuel Mejía Vallejo, Maurice Druon e Halldór Laxness." 
Como vedes, un día completiño

Grazas polas vosas respostas!

E para facelo máis interesante, aquí vos deixo un novo reto...a ver se algúen o aclara: Como ben nos dixeron, o 23 de abril do ano 1616 morreron Cervantes e Shakesperare...pero con 10 días de diferencia...
Como é isto posible?

Agardamos as vosas respostas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario