luns, 20 de maio de 2019

20 DE MAIO: DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS

Hai algunhas semanas chegou á biblioteca do colexio Mi vida de abeja, de Kirsten Hall e Isabelle Arsenault (Libros del zorro rojo). Con este libro achegámonos ao mundo das abellas e ás súas funcións.
Despois de ler o libro, os nenos e nenas de 5 anos realizamos diferentes actividades para saber situar algunhas partes da abella, construír as palabras, sumamos e restamos abellas e bolboretas, recortamos o voo da abella e xogamos co escornabot e as diferentes partes do corpo deste interesante insecto.
Aquí vos deixamos un vídeo coas imaxes!

ABELLAS

Ningún comentario:

Publicar un comentario