venres, 1 de febreiro de 2019

NOVO CONCURSO: LUGARES QUE NAMORAN!

Co mes de febreiro chega o concurso de expresión escrita! 

Poñede a imaxinación a funcionar e pensade nalgunha aventura que teña lugar nun lugar afastado, fermoso, no espazo exterior ou na propia habitación na que estás escribindo!
Aquí vos deixamos as bases do concurso, se tedes algunha dúbida preguntádelle ás profes que están na biblioteca nos recreos ou a alguén do equipo de biblioteca. 
  • Pode participar todo o alumnado de Educación Primaria e as familias.
  • As historias deben situarse nalgún espazo xeográfico, que ten que mencionarse e describirse no texto.
  • Poden estar escritas en galego ou castelán.
  • As historias deben ser presentadas nas follas deseñadas para o concurso, que estarán na biblioteca.
  • Non poñas nome na historia, cubrirás un formulario no momento de entregala para manter o anonimato.
  • Tes que entregala na biblioteca ata o 28 de febreiro. Alí atoparás un buzón para deixala.

Agardamos con moitas ganas as vosas creacións!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario