xoves, 20 de decembro de 2018

COMEZAN A EXPOSICIÓNS NA BIBLIO!

Por fin, logo de moitísimo traballo de investigación... puidemos escoitar o que os nosos compañeiros e compañeiras de 3º e 6º de Educación Primaria aprenderon relacionado co proxecto anual do centro, Descubrindo o mundo!

Os nenos e nenas da clase de 3º saben xa moitísimo sobre o continente asiático: a ruta da seda, expedicións en busca de novos alimentos e condimentos... Agasalláronnos cunha bolsiña con especias deste continente para que puidéramos ter unha lembranza ben bonita da súa exposición!
 


 

Os maiores de 6º puxeron o broche final cun Pasapalabra sobre Europa! Os equipos, laranxa e azul, xogaron mooooi ben ata o final, no que empataron e recibiron o bote do concurso, valorado en caleidoscopios para todos e todas!!!


 
Deixámosvos os vídeos das exposicións para que vexades o ben que o fixeron estes dous cursos nesta primeira quenda das exposicións!
BO TRABALLO!!
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario