xoves, 29 de novembro de 2018

CONTACONTOS

Continuamos co ciclo de contacontos deste curso 2018/2019!
Nesta ocasión, a profe Yaiza countounos contos de lobos. E é que hai un montón de contos nos que estes animais tan especiais son os protagonistas, así que fixo unha pequena selección e...
Todos os nenos e nenas de infantil reunímonos na biblio para escoitar atentamente os contos e, ao rematar a sesión, fixemos un lobo coa axuda do último libro que lemos e no que se detallaba o xeito de construílo. 
Aquí tedes as imaxes deste día:

CONTACONTOS LOBOS
Animámosvos a participar e contar na biblio do cole! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario